Usos e preferencias informativas no novo mapa de medios en España: modelos de xornalismo para dispositivos móbiles

Versión en castellano

PROXECTO DE I+D+I DO PROGRAMA ESTATAL DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN ORIENTADA AOS RETOS DA SOCIEDADE

  • Organismo: Ministerio de Economía e Competitividade
  • Referencia: CSO2015-64662-C4-4-R
  • Investigador principal: Xosé López García
  • Duración: 3 anos (2016-2018)
  • Forma de citar este proxecto: “Usos e preferencias informativas no novo mapa de medios en España: modelos de xornalismo para dispositivos móbiles” (Referencia: CSO2015-64662-C4-4-R), do Ministerio de Economía e Competitividade. Este proxecto está cofinanciado polo fondo estructural FEDER.
USPRINME-logo
ministerio_feder
Obxectivos 

O obxectivo xeral radica en identificar e analizar os contidos producidos para dispositivos móbiles polos cibermedios españois. Co fin de cumplir este obxectivo xeral, o subproxecto asume como metas particulares: identificar os modelos que definen os contidos e as narrativas xornalísticas para os diferentes dispositivos multipantalla que caracterizan a sociedade en rede, nesta fase caracterizada polo acceso e a mobilidade; elaborar unha tipoloxía dos contidos e narrativas innovadoras que atopan maior aceptación nas diferentes plataformas dixitais; e analizar as similitudes e diferenzas das tipoloxías de contidos e narrativas que se empregan para os diferentes dispositivos e plataformas.

*Nota: É un subproxecto no marco do proxecto coordinado: Usos e preferencias informativas no novo mapa de medios en España: audiencias, empresas, contidos e xestión da reputación nun entorno multipantalla.

Proxecto coordinado

Usos e preferencias informativas no novo mapa de medios en España: audiencias, empresas, contidos e xestión da reputación nun entorno multipantalla.

  • Investigador coordinador principal: María del Pilar Martínez-Costa Pérez
  • Acrónimo do proxecto coordinado: USPRINME

Dende o sitio web Infotendencias realizaranse comunicacións puntuais sobre este proxecto.