Membros / Members

Xosé López García

Traballo / Job: Catedrático / Chair
Email: xlmorgan@gmail.com

Enderezo: Facultade de Ciencias da Comunicación, Avenida Castelao s/n, C.P. 15782 Santiago de Compostela (A Coruña, Spain)

Biografía: Xosé López García, xornalista e catedrátco de Xornalismo, pertence ao Departamento de Ciencias da Comunicación da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Durante vinte anos exerceu o xornalismo en medios de Galicia. É membro do Consello da Cultura Galega, onde dirixe a sección de Comunicación e ocupa unha vicepresidencia. Na Universidade, imparte docencia sobre Comunicación e información escrita e Periodismo electrónico. Dirixe o grupo de investigación Novos Medios. Publicou varios traballos sobre a prensa galega (Detrás da prensa popular, A prensa local e comarcal en Galicia,…) e é coautor de varios libros sobre ciberxornalismo (Manual de Redacción Ciberperiodística, Cibermedios, Sistemas Digitales de Información, Las herramientas tecnológicas de la nueva información periodística…). Membro da Asociación Galega de Investigadores en Comunicación (ASGIC) e da Sociedade Española de Periodística (SEP), as súas principais liñas de investigación actuais oriéntanse á análise da relación entre a evolución dos diarios en papel e as edicións en liña, así como á análise do xornalismo que se practica en ámbolos dous soportes. Tamén mantén aberta unha liña de investigación sobre a historia da Comunicación en Galicia e outra sobre Tendencias no xornalismo actual.
  ResearchGate   Academia