As revistas de investigación e o seu factor de impacto

-Por Lucía Álvarez-

A relevancia ou o prestixio das diversas publicacións de investigación pode ser medido por varios índices, neste artigo veremos o ranking de revistas de comunicación e ciencias da información ordenado segundo os índices que utilizan JCR e Scopus.

Journal Citation Reports (JCR) é unha publicación anual que realiza o Institute of Scientific Information. O seu factor de impacto é un índice que establece rankings de revistas en función do resultado de dividir: o número de citas que recibiu unha revista nun ano dado, para os dous anos anteriores; pola cantidade de artigos publicados por esa revista durante eses dous anos citados.

Por outra banda, Scopus é unha base de datos bibliográfica de resumos e citas de artigos de revistas científicas. Cobre aproximadamente 18.000 títulos de máis de 5.000 editores internacionais, incluíndo a cobertura de 16.500 revistas. Válese de diversos indicadores entre os que destaca SJR.

Poden descargar o informe completo aquí.