As redes de investigación xornalísticas

-Por Lucía Álvarez-

Normalmente trátase de organizacións de xornalistas sen ánimo de lucro, nas que non só se comparte información, senón tamén cursos ou outros aspectos formativos. A Rede Global De Xornalismo de Investigación ten na súa páxina este mapa que se ve na parte superior onde aparecen todas as iniciativas e redes de xornalismo de investigación. Foi fundada en 2003 , cando se reuniron máis de 300 xornalistas de todo o mundo para a segunda Conferencia de Xornalismo de Investigación Global en Copenhague. Desde entón creceu a máis de 100 organizacións membros en 53 países.

Máis antigo é aínda o  Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación fundado en 1997. É unha rede global de máis de 190 xornalistas de investigación en máis de 65 países que colaboran nun proxecto  moi ambicioso e rigoroso de investigación xornalística .

Destacan outros moitos exemplos de entre os cales seleccionamos os seguintes: Fundacion Gabriel Garcia Márquez par el Nuevo Periodismo Iberoamericano, os membros da rede son os reporteiros que participaron do taller Investigar o poder executivo en América Latina. European Fund for Investigative Journalism pola súa banda, apoia aos xornalistas mediante a concesión de subvencións de traballo, e tamén lles proporcionan oportunidades de networking dentro da comunidade de investigación xornalística, co obxectivo de compartir ideas e métodos.

En África destaca a acción de A.N.C.I.R (African Network of Centers for Investigative Reporting), que entre outras iniciativas ten un plan aberto par construír salas de traballo para os xornalistas de investigación africanos desde Madagascar hasta Mozambique.

Descarga a listaxe de redes de investigación